Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2025 .-
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu esta semana á alcaldesa de Riós, Eva Barrio; ao rexedor de Toén, Ricardo González; e ao alcalde da Pastoriza, Darío Cabaneiro para coñecer as necesidades destes municipios e avaliar posibles vías de colaboración desde a Xunta que contribúan á execución dos seus proxectos. As reunións enmárcanse no compromiso do Goberno galego coas entidades locais a través de distintas liñas de axudas que permitiron o ano pasado o impulso de case 700 iniciativas municipais, cun investimento de 32 millóns de euros.