A conselleira do Medio Rural participa por videoconferencia no Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou esta tarde por videoconferencia na reunión do Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios.

Na xuntanza, que estivo presidida polo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, avaliouse, entre outras cuestións, a repercusión que pode ter para o sector agrogandeiro galego e español o acordo UE-Mercosur e as medidas que cómpre adoptar nese sentido.

Deja un comentario