As facultades de Dereito das universidades de Santiago de Compostela e de Chile desenvolven estes días de maneira conxunta o I Congreso Internacional de Ciencia Xurídica, que reúne persoal experto das dúas institucións universitarias. O reitor Antonio López presidiu este luns a sesión inaugural na Facultade compostelá, nun acto no que tamén interveu a co directora do encontro e decano do centro, Ana Gude.
Ao longo deste luns 13 e o martes 14, o encontro científico artéllase en oito mesas de debate nas que interveñen relatores de ambas as dúas universidades para tratar cuestións centradoss no dereito chileno, que axudarán a comprender a normativa do país americano. Así, a Lei Karin para a prevención e sanción do acoso e a violencia no traballo, o acoso sexual ou o segredo profesional en Chile, o constitucionalismo iberoamericano, o traballo en plataformas na lexislación laboral chilena, as relacións entre a Corte Suprema e as Axencias en Mercados Regulados ou a iniciativa popular de norma serán os asuntos sobre os que se debaterá ao longo do congreso que dirixen Ana Gude Fernández, Vicente A. Sanjurjo Rivo, Francisco Javier Framiñán Santas e Natalia Pérez Rivas.
No seu conxunto, o programa proposto xurde coa vocación de iniciar unha colaboración duradeira e frutífera, sinalou no acto inaugural a decana Ana Gude. Nestas dúas xornadas, o obxectivo será analizar de xeito colectivo e intercambiar experiencias na procura de alimentar un debate que xunte os esforzos dos dous marcos normativas reunidos.