A Xunta salienta a creatividade do comercio local de Vigo na gala de premios ‘Ilumina o teu escaparate’

Vigo, 12 de xaneiro de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou esta mañá na gala de entrega de premios da terceira edición da campaña Ilumina o teu escaparate, unha iniciativa organizada polas asociacións de comerciantes e que contou co apoio da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para activar o consumo nos pequenos establecementos das diferentes zonas da cidade durante estas datas.

Na iniciativa participaron a Federación de Comerciantes de Pontevedra e os comerciantes das Travesas, Bouzas, Zona Príncipe, Teis, Navia, Casco Vello, Comerciantes e Empresarios Vigo Vertical (Torrecedeira, Pi y Margall e Camelias), Calvario, Zona Náutico, Xeral-Acexvigo e Vigo Centro. Entre todos os negocios adheridos ao certame, sorteuose unha fin de semana nunha casa rural e unha estancia nun hotel-spa, ademais de premios en metálico. Gabriel Alén destacou o valor deste tipo de iniciativas para fomentar e dinamizar o comercio de proximidade, contribuíndo ademais a converter os escaparates nun elemento dinamizador e atractivo durante períodos de gran afluencia. Así mesmo, fixo fincapé na importancia da formación, salientando as sesións sobre escaparatismo, merchandising, atención al cliente e redes sociais ás que puideron asistir todos os integrantes das asociacións de comerciantes.

Deja un comentario