Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2024
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, durante a súa visita á Cociña Económica de Santiago puxo en valor este servizo que atende diariamente a persoas en vulnerabilidade e atende as súas necesidades co fin de evitar a súa exclusión social. Así, mantivo un encontro coa nova directora, Sor Clara, á que lle desexou a mellor das sortes nesta nova etapa.
Neste senso, o director xeral lembrou que esta entidade recibiu nos últimos anos unha achega económica da Xunta de Galicia para reformar o comedor e mellorar os espazos da residencia así como a adquisición de material de cociña. Deste xeito, Arturo Parrado trasladou o compromiso do Executivo galego para seguir colaborando con este servizo e sinalou que na última convocatoria bianual se lle concederon 240.000 euros para a promoción das súas actuacións en inclusión social.