A Xunta garda un minuto de silencio en sinal de repulsa polo crime machista cometido en Viveiro

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2024.-

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañados polos directores xerais de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, de Promoción da Igualdade, María Quintiana, e doutros membros do Executivo participaron nun minuto de silencio en sinal de repulsa polo crime machista cometido en Viveiro. O acto tivo lugar esta mañá na sede central da Xunta de Galicia en San Caetano e nas delegacións territoriais do Goberno galego.

A conselleira reiterou a repulsa do Goberno galego a calquera tipo de violencia de xénero e destacou que situacións coma esta constatan que aínda queda moito traballo por facer. Así mesmo, dirixiuse a todas as mulleres vítimas de violencia de xénero para que denuncien a través dos recursos á súa disposición como o teléfono confidencial e anónimo 016 ou os Centros de Información á Muller que existen por toda a Comunidade.

Deja un comentario