O talento mozo en artes plásticas e fotografía exponse na Igrexa da Universidade ata o 5 de xaneiro

A Igrexa da Universidade exporá ata o 5 de xaneiro os traballos finalistas nas modalidades de Artes Plásticas e Fotografía do certame de novas creadoras e creadores Xuventude Crea. Este martes déronse a coñecer as persoas gañadoras nun acto no que participaron a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses.

En artes plásticas, o primeiro premio foi para Candela Eirea Orro, coa obra Un enriba doutro. O segundo galardón recaeu en Cristian Paz Cerqueira por Escondedoiro, e os dous terceiros premios recoñeceron a Cora Novoa Pérez, con O que ocorre durante rexistros da acción, e Ainoa Simons Alcántara, coa obra «en esta casa viven todas» (colección). Houbo ademais dúas mencións de honra para Paula Labrador Fernández por Pulpeira  e para Alejandro Fuertes Sánchez pola obra CABEZA.

En fotografía, o primeiro premio foi para María Alborés Lojo por Non é debilidade é fortaleza. O segundo compárteno Daniel Pérez Domínguez coa obra Pensamentos e Bruno Veloso Iglesías con Bágoas presas. Tamén o terceiro é compartido por Aldara Vázquez Estévez, con Traspasar,  e Leire Ramallo Jurado, por Vestixios. Houbo ademais dúas mencións de honra para Alba Amoedo Cal coa obra Esse sine anima e para Iago Lourido Calvo por Quemados.

A mostra, con cerca de 30 traballos, poderá visitarse na Igrexa da Universidade de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.
 

Foto de grupo das persoas premiadas coas autoridades
Foto de grupo das persoas premiadas coas autoridades