Lugo,
Santiago de Compostela
O segundo prazo para solicitar a continuación de estudos (traslados) en titulacións con cota no vindeiro curso comezará o vindeiro día 1 de xullo e estenderase ata o 15 de xullo. A esta convocatoria poderán concorrer estudantes procedentes doutra universidade ou doutras titulacións da propia universidade aos que se lles recoñeza un mínimo de 30 ECTS na titulación na que solicite continuar estudos na USC.
No caso de solicitantes que teñan cursado estudos en plans que se rexan por directrices anteriores, deberán acreditar ter superados 60 créditos propios da titulación ou no caso de plans non estruturados en créditos, ter superado o primeiro curso completo da titulación.
Admisión en mestrados
De forma paralela, actualmente xa están abertos tamén outros dous prazos de solicitude de admisión: ata o 16 de xullo a convocatoria de mestrados, tanto con criterios xerais como específicos para o curso 25-26, e ata o 15 de xullo o de admisión para a continuación de estudos en titulacións sen cota de prazas para os efectos de traslado e para estudantes de reingreso nos mesmos estudos que tiveran cursado na propia universidade.