Santiago de Compostela
O mestrado universitario en Investigación Biomédica da USC é un dos cursos seleccionados na convocatoria de Axudas Clínico Formación AECC. Esta axuda cubrirá o custe total deste mestrado e está dirixida a profesionais, preferentemente do ámbito da saúde, que se atopen en activo en España. O prazo para solicitar a axuda permanecerá aberto ata ás 15.00 horas do 16 de xullo.
Este mestrado ten como obxecto proporcionar unha formación básica e unha actualización no coñecemento dos mecanismos moleculares e celulares implicados na patoxénese e na fisiopatoloxía das enfermidades humanas. O programa ofrecerá unha base sólida para iniciar programas de doutoramento orientados á investigación biomédica, adquirindo as habilidades básicas no traballo do laboratorio experimental, así como a capacidade de desenvolver tarefas profesionais no campo da investigación biomédica.