Lugo, 19 de xuño de 2025
As conselleiras do Medio Rural, María José Gómez, e do Mar, Marta Villaverde, acompañadas polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiron esta tarde ao acto polo XX aniversario de Transmedia Comunicación. Nel, púxose en valor o papel desta empresa á hora de divulgar o labor do sector primario galego.
Transmedia Comunicación é unha axencia de comunicación integral especializada en estratexias 360º, con sede en Lugo. Ofrece servizos como os de produción editorial e audiovisual, o marketing en liña, o deseño gráfico ou a organización integral de eventos, entre outros, e está especialmente vinculada á comunicación do ámbito agrogandeiro.