A AVTE asiste en Cádiz á reunión de socios do Poctep IberoBio

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC participou estes días na reunión de socios do Poctep IberoBio e nos eventos vinculados a este proxecto de internacionalización do sector biotecnolóxico ibérico transfronteirizo. O encontro desenvolveuse en Cádiz no marco do Foro Economía Azul – Blue Zone Forum.

Nestas xuntanzas déronse cita especialistas de primeiro nivel, empresas, start-ups e entidades do ámbito biotecnolóxico para fomentar a internacionalización, a colaboración empresarial e o desenvolvemento da biotecnoloxía azul como motor de crecemento sostible. Nunha das xornadas presentáronse as accións planificadas para o Polo Ibérico de Biotecnoloxía Azul e tivo lugar unha mesa redonda na que participaron representantes de empresas destacadas do sector, como Neutron Insights SL, spin-off da USC; Biopranaworld SL e Ínclita Seaweed Solutions.

Cofinanciados polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) a través do programa Interreg VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, estes foros consolidan o compromiso do proxecto IberoBio, do que a AVTE é socia, co crecemento do sector biotecnolóxico azul.