A Xunta pon en valor as xuntanzas do proxecto Fixar para potenciar os ‘colivings’ e avanzar no intercambio de experiencias de emprendemento no rural

Lobeira (Ourense), 8 de xuño de 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe nunha nova xuntanza dos participantes no proxecto Fixar, unha iniciativa pioneira impulsada pola Xunta en colaboración coa Asociación Cultural Sende para atraer nómades dixitais e fixar poboación no rural. Esta rede integra os espazos de coliving de Sende (Lobeira, Ourense), Anceu (Ponte Caldelas, Pontevedra) e iSlow (Laxe, A Coruña) e ten como obxectivo fomentar o intercambio de experiencias e o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras que contribúan á dinamización do territorio.

Pablo Fernández subliñou a importancia destas xuntanzas para visibilizar o potencial do modelo coliving, que se está a consolidar como unha ferramenta eficaz fronte a desafíos como o reto demográfico e a falta de relevo xeracional no rural. A este respecto, puxo en valor o papel do proxecto Fixar, que se atopa actualmente na súa segunda edición coa participación de 80 persoas emprendedoras. Trátase dunha das múltiples actuacións incluídas na estratexia global de apoio ao emprendemento impulsada polo Goberno galego, que neste exercicio destinará máis de 32 millóns de euros, cun foco especial no emprendemento vencellado ao territorio.

Deja un comentario