A Xunta reitera a necesidade de dar visibilidade ás necesidades da saúde feminina para garantir o seu benestar

Mañón (A Coruña), 7 de xuño de 2025

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta mañá no acto polo Día da Acción pola Saúde das Mulleres do concello de Mañón. Alí destacou a importancia de seguir dando visibilidade ás súas necesidades para garantir o seu benestar.

Neste sentido, abordaron cuestións relativas á menopausia, á endometrose e á perspectiva de xénero no eido sanitario. Deste xeito, María Quintiana lembrou que é fundamental que se lle dea visibilidade a estas cuestións que forman parte do día a día das mulleres e que están relacionadas tamén coa súa calidade de vida.

Deja un comentario