As obras da Xunta na estrada LU-710 en Baralla avanzan a bo ritmo e están xa executadas ao 50 %

Baralla (Lugo), 6 de xuño de 2025

As obras de acondicionamento da estrada  autonómica LU-710 que leva a cabo a Xunta en Baralla avanzan a bo ritmo e están xa executadas nun 50 %, segundo confirmou o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, durante unha visita á zona.

Arias explicou que os traballos afectan ao tramo de 4,5 quilómetros  que conecta a N-VI coa autoestrada A-6 e contan cun orzamento de 2,3 millóns de euros. “Neste momento -afirmou- están practicamente rematadas as fases de movemento de terras e construción de drenaxes transversais, e nas próximas semanas comezará o afirmado da plataforma”. Ao respecto, concretou que “prevemos cumprir ou incluso mellorar o prazo de finalización, fixado para xaneiro do próximo ano”.

A intervención servirá para ensanchar a calzada ata os sete metros, renovar o firme e aumentar a visibilidade en puntos concretos. Ademais, remodelarase a intersección coa N-VI para facela máis segura.

O delegado sinalou que o Goberno galego “continúa a traballar para manter as vías da súa titularidade en condicións óptimas, de forma que sexan máis seguras para os usuarios e favorezan as actividades económicas e a vida no rural”.

Deja un comentario