Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2025
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, recibiu hoxe no pazo de San Roque a 14 alumnos, estudantes de galego, do instituto Cañada Blanch de Londres que veñen de percorrer Galicia durante esta semana, acompañados por dous docentes. A visita enmárcase na iniciativa Viaxe da Lingua, posta en marcha pola Xunta a través das secretarías xerais da Lingua e da Emigración.
O obxectivo da viaxe é que o alumnado perfeccione o idioma e amplíe o coñecemento da cultura galega. Neste senso, cómpre destacar que este ano a matrícula nestes estudos superou por primeira vez as 50 persoas. Así, desde o pasado luns,o grupo fixo unha visita guiada por Santiago e os principais monumentos da zona vella. Tamén se achegaron a Muros, Carnota e Fisterra, así como a varias localidades de Ourense.