Diego Calvo reúnese cos alcaldes de Carballeda de Avia e Cortegada para abordar proxectos de colaboración coa Xunta

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local mantivo un encontro de traballo co alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia. Ademais, xunto co director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, tamén recibiu ao rexedor de Cortegada, Avelino Luis de Francisco. En ambas reunións tratáronse as principais necesidades dos respectivos concellos e exploráronse formas de levar a cabo proxectos conxuntos coa colaboración da Xunta, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.

Deja un comentario