Vigo, 23 de maio de 2025
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu esta tarde a unha xornada formativa da Wine & Spirit Education Trust (WSET) de introdución á técnica sistemática de cata. Esta iniciativa, dirixida a profesionais do mundo do viño, foi organizada pola Galicia Wine Academy en colaboración coa Xunta, co fin de poñer en valor entre os especialistas a calidade e variedade dos viños galegos.
Precisamente a formación sobre viños galegos aos profesionais deste eido foi tamén o obxecto da colaboración entre WSET e esta axencia da Consellería do Medio Rural para o lanzamento o pasado día 3 de abril do primeiro curso de formación en liña de especialista en viños de Galicia. Un innovador programa formativo que xa leva mais de 1.000 persoas inscritas, o 60% de fora da nosa Comunidade, o que amosa o crecente interese no coñecemento dos viños galegos.