A Xunta continúa traballando a prol do tecido laboral a través do Consello Social do Centro de Orientación ao Emprendemento

A Coruña, 22 de maio de 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, xunto coa directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron na reunión do Consello Social do Centro de Orientación ao Emprendemento (COE). Durante o transcurso da xuntaza, os integrantes do Consello Social presentaron a Memoria Anual do ano 2024 e posteriormente puxeron en valor as actividades que se están a realizar neste centro este ano e tamén valoraron a proposta de novas actuacións e firmas de convenios con diversas entidades.

O Centro de Orientación ao Emprendemento —que foi inaugurado o pasado outubro— creouse co obxectivo de coordinar todas as actividades relacionadas co emprendemento e a orientación laboral na Comunidade, impulsando ademais un enfoque innovador en materia de emprego, asemade de ser o nexo entre as Oficinas de Emprego e a Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, iniciativa que xa leva asesorado máis de 4.000 proxectos en toda Galicia.

Deja un comentario