Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe un encontro de traballo co alcalde de Foz, Francisco Cajoto.
Nesta reunión, que tivo lugar esta tarde en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas, vivenda e urbanismo, de interese para este municipio lucense.
O Goberno galego continúa prestando apoio aos concellos para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica.