Xosé Merelles destaca o papel dinamizador en Ourense do Campionato de España de Trail Running que se celebrou en Chandrexa de Queixa co apoio da Xunta

Chandrexa de Queixa (Ourense), 18 de maio de 2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na entrega de premios das probas da XIII Edición da Carreira Chandrexa Trail 2025, que este ano albergou tres competicións de primeiro nivel, ao acoller o Campionato de España en liña individual, a segunda proba da Copa de España en liña e o Campionato e 2ª proba da Copa Skyrunner National Series. Conta co apoio de Turismo de Galicia tanto para a súa celebración como para a súa difusión e proxección exterior. Nela participan 800 corredores federados e non federados e mobilizou máis de 1.200 persoas que dinamizaron turisticamente a comarca e norte da provincia de Ourense.

A competición, que discorre por 35 quilómetros forma parte, polo tanto, do calendario das probas do Campionato Nacional de España deste ano, organizado pola Federación Española de Deportes de Montaña.  No seu percorrido, os corredores afrontaron esixentes ascensos, e descensos técnicos en montaña. Xosé Merelles puxo en valor este tipo de iniciativas que promoven o destino Galicia como sostible proxectando especialmente territorios do interior, ao tempo que contribúen a dinamizar as economías locais.

Deja un comentario