Arias participa na inauguración do XV Encontro de Palilleiras de Burela, que conta co apoio da Xunta de Galicia

Burela (Lugo), 17 de maio de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na inauguración da XV edición do Encontro de Palilleiras de Burela, que se desenvolverá durante toda a xornada; está organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras «As Encaixeiras» e conta co apoio do Goberno galego.

O porto de Burela é o escenario no que as palilleiras convocadas amosan o seu traballo ás persoas que se achegan. O programa inclúe tamén degustación de empanada de pescada e visitas ao Monte Castelo e á igrexa da Vila do Medio, así como actividades infantís de pintacaras e globoflexia, entre outras.

Deja un comentario