A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais abre á sociedade o seu patrimonio artístico

A  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC conta cunha moi extensa colección de arte galega contemporánea, que o centro quere dar a coñecer.

Para iso, a Facultade organiza estes meses varias visitas guiadas de carácter gratuíto aínda que con prazas limitadas, que serán os días 15 de maio (ás 12.30 horas), 12 de xuño (17.00 h) e 16 de xullo (12.30 h).

Para anotarse só é preciso enviar un correo a  ecoade.decanato [at] usc.es (ecoade[dot]decanato[at]usc[dot]es)  co asunto ‘Visita patrimonio artístico’ e indicar que día se prefire. As visitas están abertas a calquera persoa, pertenza ou non á USC.