Belén do Campo asiste á presentación da Fundación Sergio Villar que nace para apoiar aos máis vulnerables

A Coruña, 10 de maio de 2025

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou na presentación da Fundación Sergio Villar, unha organización sen ánimo de lucro que leva o nome de Sergio Villar, un mozo falecido nun accidente de tráfico cando tiña 18 anos, que era todo un exemplo de humanidade, solidariedade e xenerosidade. Na súa memoria a súa familia crea esta Fundación para dar un legado á altura da gran sensibilidade social de Sergio, un soño que hoxe bota a andar de forma oficial con paso firme.

A Fundación nace cun obxectivo claro: contribuír a mellorar as condicións de vida das persoas e colectivos en situación ou risco de vulnerabilidade, cunha atención especial á infancia e á adolescencia.

Entre os seus outros proxectos, destacou a delegada, están iniciativas en materia de práctica deportiva como forma de cohesión social, o compromiso ambiental e o ámbito sociocultural. Na súa intervención trasladoulle todo o apoio da Xunta, xa que esta entidade xa foi declarada polo Goberno autonómico, de interese público galego e desexoulle moita sorte con este ilusionante proxecto.

Deja un comentario