A Xunta celebra que se recupere a Xuntanza de Maiores de Cualedro, unha iniciativa que reúne a un cento veciños

Cualedro (Ourense), 10 de maio de 2025

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou hoxe na XIII Xuntanza de Maiores do Concello de Cualedro que se celebrou nas inmediacións do CEIP Vicente Risco. Durante o encontro, destacou a importancia de recuperar esta actividade que reúne a un cento de veciños.

Perfecto Rodríguez destacou a importancia destes encontros que permiten ás persoas maiores desfrutar dunha xornada de lecer. Neste sentido, recordou o compromiso da Xunta de Galicia co envellecemento activo e animou aos presentes a participar nos programas que ten o Goberno galego neste ámbito como Xuntos polo Nadal ou Benestar en Balnearios.

Deja un comentario