A Xunta participa na entrega de galardóns das primeiras xornadas de innovación ´Pont-Up Store´

Pontevedra, 9 de abril de 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta tarde na entrega de premios das primeiras Xornadas de Innovación Pont-Up Store, celebradas co apoio da Xunta. O obxectivo da Asociación Pont-Up Store básase no impulso ao novo emprendemento e a innovación, co foco situado no noroeste Peninsular e especialmente en Galicia.

O emprendemento é un motor crucial para a innovación e o desenvolvemento económico, así o amosa a aposta estratéxica do Goberno galego polo emprendemento, destacando o labor de asesoramento da Rede de polos de emprendemento, que conta con 15 oficinas por toda Galicia e leva asesorado preto de 4.000  proxectos, como tamén  os programas de apoio a emprendedores Fixar, Alento e Xerme que xa van pola súa segunda edición.

Deja un comentario