Chega a Ribeira o programa educativo `Capitán Mareas´ dirixido á poboación escolar e impulsado por Vegalsa-Eroski e Mar

Ribeira (A Coruña), 8 de maio de 2025

O programa educativo ‘Capitán Mareas’, destinado a concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de manter unha dieta equilibrada, na que os produtos pesqueiros xoguen un papel esencial, recalou este xoves en Ribeira. Trátase da terceira acción desta iniciativa coa os 39 alumnos do CEIP Pluriligüe de Frións tiveron a oportunidade de coñecer o traballo da frota pesqueira e o funcionamento da lonxa.  A acción, ademais de proxeccións audiovisuais e un obradoiro de cociña, tamén incluíu unha charla por parte da Asociación de familias de persoas con discapacidade intelectual sen ánimo de lucro, Amicos, sobre o proxecto que está a levar a cabo esta entidade respecto da recuperación e a restauración nas augas de distintas plantas mariñas, como poden ser as gargonias, os corais ou as algas.

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu novamente a esta iniciativa respaldada polo Goberno galego (previamente realizouse en Burela e Laxe), onde trasladou aos rapaces o peso que ten o mar en Galicia e toda a actividade que leva asociada, ademais da excelente calidade dos produtos que saen das rías galegas. Neste senso, volveu a animar á poboación infantil a aumentar o consumo de peixe e marisco, que non só contén un gran aporte proteico, senón que resulta fundamental para a economía galega e o desenvolvemento de territorios como este municipio do Barbanza, cuxa lonxa é unha das máis importantes de España e, no que se refire á pesca de baixura, unha das máis relevantes de Europa.

Deja un comentario