Lugo, 8 de maio de 2025
A explanada da Delegación Territorial da Xunta acolleu hoxe unha das 23 mesas instaladas pola pola Asociación Española Contra o Cancro de Lugo (AECC) en distintos puntos da cidade polo Día da Cuestación. Máis de 150 persoas voluntarias da AECC colaboran nesta xornada.
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o delegado territorial, Javier Arias, visitaron o posto situado diante do edificio da Xunta acompañados do presidente da entidade lucense, José Manuel Rozas, e destacaron que esta iniciativa solidaria serve tamén para darlle visibilidade ao traballo do colectivo, que presta atención integral aos pacientes oncolóxicos e ao seu entorno.
Os representantes autonómicos lembraron que o Goberno galego mantén unha colaboración constante coa AECC, coa que asinou recentemente un novo convenio para o impulso e seguimento de plans de prevención, detección temperá e apoio a persoas afectadas por cancro.