A Coruña, 8 de maio de 2025
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, asistiron á reunión de coordinación dos directores territoriais desta Consellería que tivo lugar na Coruña. Durante o encontro de traballo, realizaron un balance do ano pasado e fixáronse as prioridades de cara aos vindeiros meses.