A delegada territorial da Xunta en Ferrol visita o CRA O Esquío de Valdoviño para coñecer a oferta educativa deste centro do ámbito rural

Valdoviño (A Coruña), 5 de maio de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Valdoviño, Alberto González, achegouse esta mañá ata a escola unitaria de Vilarrube, pertencente ao colexio rural agrupado (CRA) O Esquío, onde coñeceu da man da súa directora, Paula Curto, a organización e funcionamento deste centro educativo, “un exemplo das potencialidades das escolas rurais dentro do sistema educativo galego”, dixo.

O CRA de Valdoviño está constituído actualmente por tres escolas unitarias -Vilarrube, Lago e Taraza (Meirás)- que aglutinan un total de 56 alumnos no presente curso.

Durante a visita a delegada interesouse polo proxecto educativo que se desenvolve nas aulas de Valdoviño e destacou as vantaxes deste tipo de agrupamentos que posibilitan unha acción educativa coordinada, cun plan de centro e unha programación común. Puxo ademais en valor a optimización dos recursos materiais e humanos, incrementando a implicación dos 9 mestres cos que conta o colexio en proxectos de innovación e de formación, entre outros.

Deja un comentario