A conselleira María Martínez Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Rodeiro

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde en San Caetano un encontro de traballo co alcalde de Rodeiro, José Luis Camiñas.

Nesta reunión, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas e vivenda de interese para este municipio pontevedrés.

Allegue destacou a importancia da colaboración entre ambas administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade do municipio.

Deja un comentario